20/12/2015, un día para lembrar / 2015/12/20, a day to remember.-

 O PP paga o dano que fixo ós cidadáns e ás enerxías limpas, en España, perdendo a maioría absoluta que o mantivo no poder os últimos 4 anos e lle permitiu facer unha política tan perxudicial como nefasta para cidadanía e o medio ambiente.


 Desexamos sinceiramente que os novos partidos con representación no Congreso dos Deputados, que se manifestaron a favor das enerxías renovables, sexan quen de gobernar para as persoas e poñan a D. Mariano Rajoi e ó resto do seu séquito, onde "social e legalmente lles corresponda", por teren perxudicado tanto ós pequenos consumidores e productores de electricidade limpa, a cambio de favorecer ás grandes compañías eléctricas.




Novas importantes / Important news.-

Primeiro as malas / First the bad:

1.- O Goberno do PP en España, dende 2011, practicou unha política de total "acoso e derribo" contra da electricidade renovable.


 O 10 de outubro de 2015, publicouse o Real Decreto 900/2015, do 9 de outono, polo que se regulan as condicións administrativas, técnicas e económicas das modalidades de suministro de enerxía eléctrica con autoconsumo e de producción con autoconsumo.

Neste Real Decreto, concrétanse e confírmanse xa, os pagos que os productores electricidade con autoconsumo deberán facer ás compañías eléctricas distribuidoras de electricidade, pola enerxía eléctrica que produzan nas súas propias instalacións.



 O 20 de xuño de 2014, publicou a "Orden IET 1045/2014, de 16 de xuño", pola que se aproban os parámetros retributivos da venta de electricidade renovable, en sustitución das tarifas que fixaba o RD661/2007 do Réxime Especial.


 O 10 de xuño de 2014, publicou o "Real Decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de producción de electricidade a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos", que sustitúe ó derogado RD661/2007, do Réxime Especial.


 O 27 de decembro de 2013, aprobou a "Ley 24/2013, de 26 de decembro, do Sector Eléctrico", que, entre outras contrariedades, obriga ós autoproductores a pagar ás compañías eléctricas pola enerxía producida en réxime de autoconsumo.



Agora, as boas / now the good:

2.-  Montaxes Lagoa  desmonta o derradeiro aeroxerador do SEPEN, ( Sitio Experimental Nacional da Pequena Eólica ), no lugar de Montplaisir, preto de Narbonne, no surleste de Francia.

     O pasado día 7 de decembro de 2015, Montaxes Lagoa  retirou a derradeira turbina eólica que quedaba no Domain de Montplaisir, ó suroeste de Narbonne, no lugar que o Sepen tiña alí para probar os pequenos aeroxeradores, de ata 10KW de potencia nominal.

Trátase dunha turbina  modelo SW3.5, que estuvera alí en probas, das que se pode ver eiquí o correspondente informe.

  Esta turbina, que  Montaxes Lagoa  trouxo para Galicia, será a 5ª máquina Anelion SW3.5 que se instale no noso país, onde están a demostrar a súa capacidade de producción e resistencia, tanto para nos fortes e turbulentos ventos da Serra de San Mamede, en Ourense, como para os dunha illa nas Rías Baixas, ou mesmo na Terra Chá luguesa.



3.-  O Xulgado do Contencioso/Administrativo Nº 2, de Lugo, da a razón a Montaxes Lagoa e anula unha Resolución da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, pola que esta Administración se negaba a esixir á compañía eléctrica Unión Fenosa Distribución S.A., que recoñecera para o Punto de Conexión á rede da Instalación Fotovoltaica "Montaxes Lagoa FV2", a data do 25 de novembro de 2010.

      O 25 de outono de 2010, Jesús López Taboada solicitou á empresa distribuidora de  electricidade, Unión Fenosa Distribución, S.A., (UFD), a confirmación do Punto de Conexión á rede de Baixa Tensión, para unha central solar fotovoltaica de 10Kw, que lle foi confirmado con data do 29 de maio de 2011.

     Segundo a lexislación daquela vixente, no prazo máximo dun mes, a compañía eléctrica debía confirmar ou denegar, según fora o caso, a concesión do citado Punto de Conexión e acceso á rede eléctrica. Mais neste caso, UFD tardou máis de 7 meses. Este retraso, causoulle importantes perxuizos ó solicitante, pois por exemplo, non pudo acceder ó Réxime económico de venta primada que daquela existía. (Lémbrese que cando o Partido Popular chegou ó goberno de España, o primeiro Decreto que aprobou no ano 2012, foi a paralización das axudas ás Enerxías Renovables).

     Jesús López Taboada, solicitou a intervención da Consellería de Industria, para que ordenase a UFD o recoñecemento do Punto de Conexión citado, con data do 20 de novembro de 2010, pois era de dereito e ó non facelo, causaríanselle graves perxuizos, amén dun agravio comparativo, con outros productores ós que sí se lles tiñan recoñecido datas de punto de conexión, con carácter retroactivo, en casos semellantes. Con todo, a Consellería de Industria negouse ó reclamado e tivo que ser, unha vez máis o Poder Xudicial, quen fixera valer a Lei e puxera en evidencia a "infracción do principio de igualdade na forma de resolver as discrepancias...", por parte da mesma Consellería, segundo consta literalmente na sentenza.

      Tamén anula esta sentenza, o cobro indebido de 285 €, que o titular da central FV en cuestión, tivo que pagar á citada compañía eléctrica en concepto de supostos "trabajos necesarios para la conexión", que consistiron en desmontar a acometida existente e montar outra das mesmas características, sen que estivera xustificada tal actuación, pois a existente era perfectamente válida. Algo que, tal como recoñece a sentenza, nin Unión Fenosa Distribución, S.A., nin a mesma Consellería de Industria, rebatiron "na vía administrativa nin na contenciosa...". Isto demostra que, tanto UFD, como a Consellería, malia saber que era innecesaria a reforma da acometida, a primeira esixiu e a segunda consentiu, que se refixera a acometida acosta do solicitante, motivo este que deu lugar á consecuente reclamación por parte de Montaxes Lagoa.

          Dada a importancia desta sentenza, así como a súa utilidade á hora de aclarar o papel da Consellería de Industria, ó respecto das tramitacións nas instalacións eléctricas, Montaxes Lagoa pón ó seu dispor a sentenza 10/2015 do Xulgado do Contencioso/Administrativo, Nº 2 de Lugo, para quen poida interesar ós efectos oportunos.



4.- Un omaní acada uha medalla de bronce, na feira internacional de Nurenberg, iNEA 2014, adicada a inventores e novos productos, co seu prototipo Mazoon III.

   Mazoon III é un sistema transportable para producción de electricidade eólica e solar fotovoltaica, illado da rede eléctrica. Foi fabricado en España pola empresa ACOIN S.L. e Montaxes Lagoa colaborou no proxecto, facéndolle a posta en marcha e configuración da monitorización para o seguimento vía Internet, primeiro en España e logo en Omán.

Así o publicaba o informativo dixital Times of OMAN o pasado 27 de novembro



5.- AMIGOS DA TERRA recibiu o premio CONAMA 2014, polo seu proxecto para o Centro de Educación Ambiental, As Corcerizas.

   Outro recoñecemento máis ó sistema de abastecemento eléctrico, 100% renovable, do C.E.A. As Corcerizas, con Electricidade Eólica, Solar e Microhidráulica, autoproducida no propio Centro, en pleno corazón da Serra de San Mamede.



https://www.sunnyportal.com/Templates/PublicPage.aspx?page=8e42fbed-5176-4552-a3e6-3ae032b44397


6.- Montaxes Lagoa participou un ano máis, nas

II Xornadas Técnicas de Bioconstrución no sector  da  Xardinería e o Paisaxismo do CFEA de Guísamo




7.- Unhas 10 000 persoas, manifestáronse o 21 de xuño de 2014 en Madrid, para reclamar "seguridade xurídica" e xustiza coas enerxías renovables.

http://anpier.org/fileadmin/recortes/logo.png




Benvidos á páxina web de Montaxes Lagoa

    Welcome to Montaxes Lagoa web page

(English version is below/after Galician original version, but is not complet. By now we are translating this web, sorry for inconvenients)

Montaxes Lagoa ® é a marca comercial, rexistrada por Jesús López Taboada para identificar o seu proxecto de microempresa de carácter familiar, adicada ás instalacións eléctricas de Baixa Tensión, que aposta por unha filosofía profesional baseada na confianza do cliente e na calidade do traballo.

Montaxes Lagoa ® caracterizouse sempre polo respeto ó medio ambiente e o seu compromiso co mundo rural galego, no que desenvolve a meirande parte da súa actividade.

Dende 1987, foron estes dous principios os que caracterizaron a súa maneira de traballar.

Montaxes Lagoa ® agradece a confianza amosada polos centos de persoas que, dende hai máis de 26 anos, lle confiaron as súas instalacións eléctricas ou mesmo a formación profesional.

         A todas... ¡ MOITAS GRAZAS !


Os traballos que fixemos protagonizan o espazo montaxeslagoa.eu, que dividimos en 4 seccións:

1.- Páxina Inicial, de benvida e presentación, onde ademáis poderá:

    • Visitar o apartado Contacte con Montaxes Lagoa , se desexa facer algunha consulta, encargo, ou suxerencia.
    • Ver O Noso Traballo, se desexa saber máis sobre as nosas actividades.
2.- Instalacións Solares, con información sobre aplicacións solares FV Autónomas ou Conectadas á Rede Eléctrica.

3.- Instalacións Híbridas, adicada ós sistemas solares FV combinados con enerxía Eólica ou Microhidráulica.

4.- F.P. Ocupacional, sección de formación profesional eléctrica para traballadores e sobre educación ambiental.


Contacte  con    Montaxes Lagoa   /   Contact with us

Localización  e domicilio fiscal /                              Teléfono / Phone:                              +34 657 643 086;
Home and professional address:                                   
                                                                              Skype:                                                          susolagoa;      
Rúa Da Feira, 14;                                                        
ES 27611 - Paradela;                                                 Correo electrónico / e-mail:   lagoa@montaxeslagoa.eu;
Lugo - Galicia;                                                                                                                  
España / Spain                                                                        Internet / Web page:               www.montaxeslagoa.eu;


¿ De onde somos ? / Where are we from ?

Paradela. Coñeza o noso concello 1

Paradela. Coñeza o noso concello 2

(Mapa da páxina web do concello, que sitúa Paradela dentro de Lugo e de Galicia / This Map picture, from city coucil wep page, show the Paradela location in Lugo and Galician coutry).

                       


Predicción meteorolóxica / Weather forecast:

O Tempo. Consulte a predicción da Axencia Estatal de METeoroloxía para o concello de Paradela

O Tempo. Consulte a predicción xeral de Meteogalicia para todo o país

 
  


O Noso traballo.-  ¿ Que facemos ?

  • Dende 1987, Montaxes Lagoa® adicouse a montaxe de instalacións eléctricas receptoras de Baixa Tensión en vivendas, locais comerciais, explotacións agrogandeiras e pequenas industrias.

  • A partir do ano 1992,  compartimos as nosas experiencias e coñecementos con preto de seiscentos alumnos, ó traveso de máis de cincuenta seminarios, charlas, ponencias e cursos de Formación Profesional Ocupacional impartidos.

  • No ano 1998, decidimos adicarnos especialmente ó deseño, montaxe e mantemento de pequenas instalacións xeradoras de electricidade renovable, a partires da enerxía Solar Fotovoltaica, da Mnieólica e da Microhidráulica.

  • En 2012, MontaxesLagoa® cumpliu 25 anos de traballo, dos que intenta amosar en esta web, unha parte da súa adicación ós sistemas de producción eléctrica e á formación, dividida en 3 seccións:


1.- Instalacións Solares.

Sistemas de producción de electricidade limpa, alternativa, autóctona, natural e renovable, a partir da luz Solar

   Montaxes Lagoa,   calcula,  deseña  e  instala  sistemas  solares  fotovoltaicos,  sexan    autónomos,  conectados, ou mesmo asistidos ca rede eléctrica.

As aplicacións máis habituais da electricidade solar que temos instalado, son:
  • Bombeos directos de auga, con panel solar, controlador e bomba. Sin acumulación electroquímica.
  • Electrificación de explotacións gandeiras, illadas da rede eléctrica. Con acumulación electroquimica.
  • Vivendas, de uso diario, de fin de semana, ou mesmo de vacacións. Autónomas con acumulación.
  • Alpendres de uso agrogandeiro. Instalacións autónomas con acumulación electroquímica.
  • Diferentes centrais FV para venda de electricidade á rede de Baixa Tensión.
  • Abastecemento autónomo de Igrexas en parroquias rurais.

Pode ver exemplos, imaxes e outra información das nosas montaxes, na sección de Instalacións Solares.

    • Rematada a instalación solar FV autónoma máis grande de todas as que fixemos, e probablemente unha das maiores de toda Galicia.

    • Trátase do abastecemento eléctrico do albergue "A Fábrica da Luz", no concello de Parada de Sil, en Ourense.Unha antigua minicentral hidroeléctrica, hoxe, paradóxicamente, sen rede eléctrica. No ano 2011, por iniciativa do Concello, recupérase este Patrimonio Industrial para convertilo nun lugar de lecer e formación. No ano 2012, o mesmo concello contratou a Montaxes Lagoa, para abastecelo con electricidade solar fotovoltaica.

    • Para saber máis deste albergue: www.afabricadaluz.com; para saber máis desta instalación solar FV, ver Instalacións Autónomas, na sección de Instalacións Solares, onde próximamente publicaremos toda a informacion deste sistema.

    

 


MontaxesLagoa repara a domicilio, os convertidores solares da prestixiosa marca   

Estamos autorizados por este recoñecido fabricante austríaco, para a reparación dos seus equipos nas mesmas plantas FV, evitando así ter que mandalos á fabrica, tanto no período de garantía, como fora do mesmo. Somos o Fronius Service Partner, (FSP), ES-1738.



2.- Instalacións Híbridas

  Sistemas que producen electricidade limpa, alternativa, autóctona, natural e renovable, a partir da luz solar e máis da forza do vento e/ou da auga.  

 

Entre os sistemas híbridos instalados por Montaxes Lagoa, destacan as seguintes aplicacións:

  • Abastecemento eléctrico autónomo para turismo rural.
  • Vivendas autónomas para uso anual e diario.
  • Electrificación de explotacións agrogandeiras autónomas.
  • Suministro eléctrico, eólico e solar no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
  • Instalación demostrativa eólica e solar, autónoma e/ou conectada á rede para vivenda habitual no rural.

Pode ver exemplos, imaxes e outra información destas montaxes, na sección de Instalacións Híbridas.

Ademáis, a nosa instalación demostrativa, subvencionada polo , pode tamén visitala  física e persoalmente, no concello de Cospeito-Lugo.

Máis información no apartado de Instalacións Híbridas Eólico e Solares.                                                               

   

    

MontaxesLagoa está acreditada como Instaladora Especializada en Sistemas Illados, por   

A prestixiosa firma alemana, recoñeceu no ano 2011 a nosa labor neste campo das instalacións fotovoltaicas autónomas, incluíndonos entre os 20 Instaladores Especializados en Sistemas Isolados, de toda a península Ibérica, illas Baleares, Canarias e Cabo Verde, que forman parte deste listado.

A nosa Instalación demostrativa, híbrida, para vivenda rural, que antes anunciamos, está equipada cos convertidores de este fabricante mundialmente coñecido.

Tamén eleximos para esta aplicación o aeroxerador do experimentado fabricante valenciano


Visítenos na sección de Instalacións Híbridas Eólico e Solares, onde atopará, ademáis de toda a información sobre este sistema, unha invitación para vir a coñecer persoalmente esta aplicación, no concello de Cospeito - Lugo.

Somos colaboradores do grupo  do que temos instalados aeroxeradores, controladores eólicos, solares e microhidráulicos, módulos FV, turbinas microhidráulicas e convertidores para instalacións autónomas. Producto este último, que recomendamos especialmente.


3.- Formación Profesional Ocupacional.     

  Accións formativas destinadas á preparación profesional dos traballadores, desempregados e/ou en activo.

Con máis de medio centenar de accións formativas impartidas,ó longo dos últimos 20 anos, poderíase dicir que a Formación Profesional Ocupacional de Montaxes Lagoa, se non está totalmente madura, polo menos, xa é "maior de idade".

Traballamos nestas dúas décadas, para a Xunta de Galicia, Centros Colaboradores, Sindicatos, Asociacións de Empresarios, Organización Non Gubernamentais, academias e centros de formación privada.

Os tipos de curso foron tanto, de Plan FIP, coma de Formación Contínua ou mesmo accións formativas programadas á medida para determinadas empresas ou colectivos de traballadores.

Dentro da familia eléctrica, impartimos para traballadores desempregados, entre outras, as seguintes especialidades cos seus correspondentes módulos de Sensibilización Ambiental:

  • Instalador Electricista de Vivendas;
  • Cableador Verificador de Cadros eléctricos;
  • Instalador Electricista de Edificios;
  • Instalador Electricista Industrial;
  • Instalador de Sistemas Fotovoltaicos e Eólicos de Pequena Potencia;

Para traballadores en activo desenrolamos, entre outras, as seguintes especialidades:

  • Máquinas e Motores Eléctricos;
  • Interpretación de Esquemas e Planos;
  • Electricidade Fotovoltaica;
  • Enerxía Eólica;
  • Enerxías Renovables;
  • Electrotecnoloxías Renovables, Fotovoltaica, Eólica e Microhidráulica.

Pode ver imaxes e máis información destas e outras accións formativas, na sección de F.P.Ocupacional.

Tamén pode ver eiquí o currículum de Jesús López Taboada, en castelán.


( Now, we are translating this web page. Sorry for inconvenients ).


  Welcome to the Montaxes Lagoa web page

(English version is below/after Galician original version, but is not complet. By now we are translating this web, sorry for inconvenients)